Entradas

Mostrando entradas de diciembre, 2023

Charla "Violencia machista nas relacións de parella na mocidade"

Imagen
 O 12 de decembro de 2023, o alumnado de 3º ESO do CPI Plurilingüe Cabo da Area participou na charla "Violencia machista nas relacións de parella na mocidade", organizada polo Plan Proxecta "Por 365 días de respecto e igualdade". A actividade celebrouse na biblioteca de secundaria de 17h a 18.30h e foi  impartida por María Angélica Mercado Torres, especialista universitaria en estudios de xénero e políticas de igualdade, que leva varios anos colaborando coa Secretaría Xeral de Igualdade en varias accións dirixidas a loita contra a violencia    de xénero.

Kahoot sobre o concepto de "discriminación"

Imagen
O Proxecta "Por 365 días de respecto e igualdade" do CPI Plurilingüe Cabo da Area elaborou un  kahoot ( https://create.kahoot.it/share/discriminacion/a4a8bde5-273b-4ab2-a9ec-5b251030e252 ), que convida ao alumnado a reflexionar sobre o concepto de "discriminación" como un dos promotores das desigualdades existentes no ámbito persoal, social e profesional. A detección da súa orixe e das consecuencias que emanan dos actos discriminatorios é unha tarefa fundamental para que os nosos estudantes poidan recoñecer e rexeitar estas actitudes opostas á convivencia harmónica entre os seres humanos.