Exposición "Cartas de amor"
Desde o pasado 10 de abril, o centro acolle a exposición "Cartas de amor". Trátase dunha mostra da ilustración galega sobre a violencia de xénero, con debuxos de artistas como Miguel Calatayud, Patricia Castelao, Fausto Isorna, Pirusca, José Luís Méndez, Jack Mircala ou Javier Olivares. A exposición pretende sensibilizar ao alumnado sobre a existencia de violencia nas súas formas de relacionarse, ademais de axudar a detectarla e a eliminala. Con “Cartas de Amor”, establécese un paralelismo entre o mundo romántico das primeiras relacións de parella e a crueldade que, ás veces, se ve asociada a elas.