Entradas

Primavera feminista e inclusiva

Imagen
O Plan Proxecta "Por 365 días de respecto e igualdade" do CPI Plurilingüe Cabo da Area preparou unha compilación de obras de carácter feminista para incentivar os proxectos da comunidade educativa do centro arredor da igualdade de xénero e a inclusión. Acada un posto preponderante a colección de novelas gráficas protagonizadas por Lola Vendetta, de Raquel Riba. O personaxe de Lola Vendetta naceu como alter ego da autora, cuxos deseños pretenden visibilizar as dificultades que sofren moitas mulleres na actualidade: a inestabilidade laboral, as esixencias familiares, os ciumes sentimentais, os micromachismos, a violencia doméstica, a vulnerablidade, a identidade sexual, a expresión das emocións... Pero, ademais, a través da súa protagonista, a artista gráfica pon de manifesto tamén a loita da muller cara a independencia, a procura da súa aceptación persoal e do amor propio, como abandeirada da liberdade e do ecofeminismo. Esta compilación atende tamén a outras realidades inclu

Exposición gráfica "Á violencia de xénero dille... NON!"

Imagen
 O Plan Proxecta "Por 365 días de respecto e igualdade" do CPI Plurilingüe Cabo da Area acolleu no centro, entre o 8 e 20 de marzo de 2024, a exposición gráfica "Á violencia de xénero dille...NON!". En once láminas, os creadores desta iniciativa ilustrada axudan aos máis novos a recoñecer, identificar e rexeitar condutas sexistas e nocivas nas súas relacións afectivas.

Feminismo e igualdade no Día da Muller

Imagen
  O Plan Proxecta “Por 365 días de respecto e igualdade” do CPI Plurilingüe Cabo da Area, en colaboración cos integrantes do club de lectura "Libros ao Cabo", elaboraron unha guía con recomendacións lectoras sobre feminismo e igualdade para celebrar o Día da Muller (8 de marzo). Trátase dunha colección cada vez máis ampla e diversa na que se inclúen desde manuais clásicos sobre o movemento feminista, guías orientativas e pedagóxicas, ata lecturas máis recreativas que, por medio do humor e a ironía, ofrecen unha visión da realidade diferente, fresca, actual, na que os nosos alumnos e alumnas poden verse reflictidos de forma máis directa e amena. Podedes acceder ao padlet que reúne esta colección na seguinte ligazón:  https://padlet.com/porteiro_ana/feminismo-e-igualdade-b26ygzk3dp154e3

Obradoiro "Xénero Educa Dinámicas"

Imagen
 O venres, 9 de febreiro, o alumnado de 4º ESO participou no obradoiro "Xénero Educa Dinámicas", actividades lúdicas coas que se pretende conseguir que a desigualdade apareza xogando, mediante a reflexión grupal e o protagonismo da rapazada.

Obradoiro "Violencia de xénero e novo contexto dixital"

Imagen
 O luns, 5 de febreiro, o alumnado de 4º ESO participou no obradoiro "Violencia de xénero e novo contexto dixital", impartido por Pantallas Amigas e centrado no coñecemento e prevención das novas formas de violencia que xorden no marco dixital: ciberviolencia de xénero, grooming e sextorsión, entre outras.  

Representación de "Mozas nas Redes"

Imagen
 O martes, 23 de xaneiro de 2024, ás 16.10h, o alumnado de 3º ESO de CPI Plurilingüe Cabo da Area asistiu na biblioteca do centro á representación de Mozas nas Redes , organizada polo Plan Proxecta "Por 365 días de respecto e igualdade". Trátase dun espectáculo teatral didáctico enfocado cara os mozos e mozas para reflexionar sobre as novas formas de violencia sexual que acontecen no entorno das novas tecnoloxías da información e comunicación. Afonda na realidade que agochan detrás do uso das novas tecnoloxías para capacitar o mozo/a de ferramentas de detección dos posibles conflitos.

Charla "Violencia machista nas relacións de parella na mocidade"

Imagen
 O 12 de decembro de 2023, o alumnado de 3º ESO do CPI Plurilingüe Cabo da Area participou na charla "Violencia machista nas relacións de parella na mocidade", organizada polo Plan Proxecta "Por 365 días de respecto e igualdade". A actividade celebrouse na biblioteca de secundaria de 17h a 18.30h e foi  impartida por María Angélica Mercado Torres, especialista universitaria en estudios de xénero e políticas de igualdade, que leva varios anos colaborando coa Secretaría Xeral de Igualdade en varias accións dirixidas a loita contra a violencia    de xénero.