Entradas

Mostrando entradas de noviembre, 2024

O sufraxio feminino en España

Imagen
  Alexandre Soto, docente de Xeografía e Historia, realizou esta actividade co alumnado de 3º ESO. A través desta dinámica, os/as estudantes coñeceron a evolución da loita polo dereito ao sufraxio feminino. A tarefa dividiuse en tres bloques.  O primeiro iniciouse coa visualización dun vídeo editado polo Congreso dos Deputados, onde, de xeito didáctico, se amosa a evolución da loita polo dereito ao voto e as principais valedoras da causa en España.  O seguinte bloque supuxo a realización dun debate onde o alumnado expuxo as súas opinións sobre o filme e a causa sufraxista en España.  Para rematar, cada estudante, de maneira individual, completou unha ficha de reflexión sobre a visualización do vídeo, respondendo a unha batería de cuestións preparadas polo profesor e entregadas a través da aula virtual do centro. - Que constitución recoñecía o dereito ao voto en España? - Que dereitos conseguiron as mulleres nesa Constitución? - Cando se iniciou o feminismo ...