O sufraxio feminino en España

 Alexandre Soto, docente de Xeografía e Historia, realizou esta actividade co alumnado de 3º ESO. A través desta dinámica, os/as estudantes coñeceron a evolución da loita polo dereito ao sufraxio feminino. A tarefa dividiuse en tres bloques. 

O primeiro iniciouse coa visualización dun vídeo editado polo Congreso dos Deputados, onde, de xeito didáctico, se amosa a evolución da loita polo dereito ao voto e as principais valedoras da causa en España. 

O seguinte bloque supuxo a realización dun debate onde o alumnado expuxo as súas opinións sobre o filme e a causa sufraxista en España. 

Para rematar, cada estudante, de maneira individual, completou unha ficha de reflexión sobre a visualización do vídeo, respondendo a unha batería de cuestións preparadas polo profesor e entregadas a través da aula virtual do centro.

- Que constitución recoñecía o dereito ao voto en España?

- Que dereitos conseguiron as mulleres nesa Constitución?

- Cando se iniciou o feminismo en Europa? Por que en España tardou tanto?

- Cales foron as primeiras demandas feministas que se propuxeron para España?

- Que era o Lyceum Club de Madrid? Con que personalidades contaba?

- Que requisitos se lle impoñía ao voto feminino nas eleccións municipais de 1924?

- Que dereitos dá ás mulleres a Constitución de 1931?

- Cal foi o labor de Clara Campoamor nas Cortes da Segunda República?

- Cal foi a postura de Victoria Kent na tramitación do dereito ao voto feminino? E a de Margarita Nelken?

- Cando exercen o voto as mulleres por primeira vez en España? Continuou así ata hoxe?

- Quen regula o actual sistema electoral en España? As mulleres teñen o mesmo dereito ao voto que os homes en España?

- Que opinas do proceso sufraxista en España?



Comentarios

Entradas populares de este blog

A violencia de xénero e o sexismo nos medios de comunicación

Exposición "Cartas de amor"

Algo entre nós