A nova escravitude do século XXI
O pasado 28 de xaneiro, o alumnado de 4º ESO participou na charla “A nova escravitude do século XXI. Trata de seres humanos con fins de explotación sexual, outra forma de violencia de xénero”. A charla da a coñecer unha realidade que no día a día adoita pasar desapercibida, non sendo conscientes na maior parte das ocasións doutro tipo de violencias que están moi vinculadas coa violencia por razón de xénero.
O seu obxectivo é proporcionar ás
mozas e mozos galegos, dende a escola, formación e ferramentas que lles
permitan coñecer e recoñecer a violencia contra as mulleres, e actuar na súa
prevención, fomentando a autoestima, a autonomía, o coñecemento da construción
social das súas identidades sexuais e a asignación de roles, o que permitirá
traballar na eliminación de estereotipos sexistas e de falsas crenzas.
Comentarios
Publicar un comentario