A violencia de xénero e o sexismo nos medios de comunicación

 O 11 de marzo, o alumnado de 4º ESO participou nunha charla sobre a violencia de xénero e o sexismo na publicidade, nos medios audiovisuais e nas redes sociais.

Nela, abordáronse os roles de xénero que aparecen frecuentemente nos anuncios de xoguetes, perfumes, roupa..., e o uso tanto do corpo das mulleres como dos homes como meros obxectos. Tamén se mostraron anuncios libres de estereotipos que, aínda que non son moitos, comezan a aparecer. Incidiuse tamén nas cualidades que se esperan dos homes e das mulleres nestes tres ámbitos e na presenza estigmatizada na música adolescente.









Comentarios

Entradas populares de este blog

Exposición "Cartas de amor"

Algo entre nós