Algo entre nós
O alumnado de 2º ESO participou na dinámica "Algo entre nós" durante cinco sesións do segundo trimestre do curso. Esta plataforma interactiva centrada na prevención da violencia machista nas relacións adolescentes propuxo cinco retos á clase. Mar Gómez, profesora de Inglés e titora do grupo de 2º ESO, levou a cabo esta dinámica na que o alumnado participou de xeito moi activo. A formación recibida permitiulles reflexionar sobre a realidade que os rodea e as experiencias que viven. No primeiro reto, tiveron que crear os seus propios avatares (un masculino e un feminino) que debían representar o seu físico, vestimenta e personalidade. No segundo reto, tiveron que poñerse na pel de adolescentes coma eles no seo dunha relación de parella. Reflexionaron sobre os mitos do amor romántico que moitas veces están asimilados pola sociedade como algo natural. No terceiro reto, analizaron a escaleira da violencia machista a través dunhas mensaxes de WhatsApp que se env...